jueves, 16 de mayo de 2019
miércoles, 15 de mayo de 2019
VISITA DE PITUSA CABANILLAS
Pitusa Cabanillas, neta de Ramón Cabanillas e avoa e tía-avoa de dúas alumnas do Centro, veu a contarnos como foi a vida do seu avó, o ilustre "Poeta de Raza".
GRAZAS PITUSA!!!!
miércoles, 8 de mayo de 2019
II SEMANA CULTURAL
Cómo lembraredes o curso pasado, dentro dos actos de conmemoración do 50 Aniversario, celebramos unha Semana Cultural. Este curso queremos repetir a experiencia dada a boa acollida da iniciativa.
A II SEMANA CULTURAL, comenzarémola a próxima semana do xeito que sigue:
- Luns, 13 de Maio: Carreira Solidaria, os fondos que se recauden irán a parar a:ASANOG (Asosciación de ayuda a niños oncológicos de Galicia). A aportación é totalmente solidaria e na carreira participará todo o alumnado do centro que o desexe, colabore ou non económicamente.
-Martes, 14 de Maio: elaboración dos Maios, dentro do proxecto sobre o patrimonio que estamos a levar a cabo este curso.
-Mércores 15 de Maio: Concerto do grupo "Migallas"
-Xoves, 16 de Maio: Xogos tradicionais.
martes, 7 de mayo de 2019
VÍDEO DA "SOLTA DE POEMAS". DÍA DA POESÍA
No seguinte video podedes ver recollidas tódalas fotos enviadas polas familias da "solta de poemas" organizada con motivo do "Día da poesía".
Como poderedes comprobar, a maioría da "solta" está feita en Santiago e máis concretamente no barrio de Conxo, pero moitos poemas viaxaron, como a nosa mascota LOLO, a outros puntos de Galicia.
Novamente agradecer ás familias a colaboración prestada.
GRAZAS FAMILIAS!!!!
jueves, 2 de mayo de 2019
APADRIÑAMENTO LECTOR
Con motivo do día do libro, e aproveitando o bo tempo, hoxe realizamos una actividade que xa vimos facendo anos atrás con todo o alumnado do centro.
Consiste en que cada nen@ trae da casa un conto que lle gustara de pequen@ e os de infantil un conto que lles guste agora. Os maiores fan de padriños ou madriñas dun pequen@ e saímos todo ao parque a ler.
lunes, 29 de abril de 2019
miércoles, 24 de abril de 2019
23 DE ABRIL "DÍA DO LIBRO"
Con motivo da celebración do "Día do Libro" este martes 23 de abril inauguramos a nosa "Biblio-patio" tanto en Infantil como en primaria, para poder desfrutar dos libros na hora do recreo e no patio.
Aproveitando o espurgo que se fixo na biblioteca, tamén agasallamos ese día cun libro ao alumnado.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



























