miércoles, 30 de enero de 2019

jueves, 20 de diciembre de 2018

NADAL

Aquí tedes as recomendacións lectoras que vos envía LOLO.


Xa sabedes: este Nadal, agasalla diversión!!!!!


Deixámosvos tamén un  tríptico sobre o Apalpador que elaboramos en colaboración co EDLG






domingo, 16 de diciembre de 2018

OBRADOIROS NA BIBLIOTECA

Como xa viñamos anunciando, durante as duas últimas semanas, estivéronse a realizar obradoiros  de Nadal . Todo o alumnado de primaria, que na hora do recreo se achegase á biblioteca, tiña a opción de acceder a algúns dos obradoiros que, por niveis, se estaban a realizar coa axuda do profesorado de Biblioteca.

Estes adornos, antes de cada un os poida levar para a súa casa, utilizaranse para colgar na árbore que o cole ten instalado na entrada principal.

ESPERAMOS QUE VOS GUSTEN!!!!




jueves, 29 de noviembre de 2018

OBRADOIROS DO NADAL


ÉXITO DA CAMPAÑA "UN LIBRO UN ALIMENTO"

Dende o blog da Biblioteca de Lolo queremos aproveitar para agradecer a toda a Comunidade Educativa a colaboración prestada coa aportación de alimentos e productos de hixiene persoal, e especialmente as persoas que, dende o "AMPA ATHENEA", colaboraron na mesa de recollida durante o horario lectivo.

O resultado da Campaña foi moito máis do esperado, tanto é así que incluso a prensa achegouse ao Centro para comprobar a cantidade de productos recollidos.


 LA VOZ DE GALICIA










sábado, 17 de noviembre de 2018

"CAMPAÑA RECOLLIDA DE ALIMENTOS"


Aquí tedes o cartel que elaborou o alumnado de sexto para a "CAMPAÑA RECOLLIDA DE ALIMENTOS" na que participa o noso colexio, en colaboración co Banco de Alimentos. 
Achégate e colabora traendo alimentos perecedoiros e productos de hixiene persoal e a cambio levarás un libro de agasallo.
Esta Campaña está aberta a toda a Comunidade Educativa e veciñanza, e por iso que o noso posto estará situado ás portas do colexio.

NON PASES DE LARGO E....COLABORA!!!!!!!!

Queremos aproveitar para agradecer ao ANPA a súa colaboración nesta Campaña.



sábado, 10 de noviembre de 2018

SAMAÍN 2018

A biblioteca de Lolo tamén quixo celebrar o Samaín "vestíndose" de festa. O equipo de biblioteca, xunto co de Dinamización lingüística, puxéronse mans á obra: Elaboración dun tríptico para as familias, porta terrorífica, libros terroríficos, microrelatos terroríficos e lectura de contos aos máis pequenos...pouquiño terroríficos.
Aquí tedes un resumo das actividades: