Mostrando entradas con la etiqueta proxecto a viaxe de lolo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta proxecto a viaxe de lolo. Mostrar todas las entradas

martes, 25 de junio de 2019

LOLO COÑECE GALICIA: TRABALLOS E EXPOSICIÓN


Remata o colexio e neste video podedes ver algúns dos traballos que se realizaron : murais con distintas fotos, mapas, postais , guías .... e tamén a exposición de construccións , monumentos, e outros obxectos feitos con material de refugallo todo elo relacionado co proxecto que se traballou durante todo o curso escolar " Lolo coñece Galicia".


martes, 18 de junio de 2019

EXPOSICIÓN GALICIA


Lembrade que ata o venres 21 de xuño podedes visitar a exposición "Galicia" realizada polo alumnado e familias do Quiroga con material de refugallo no Centro Sociocutural de Conxo.
Do 21 de xuño e ata o 28 do mesmo mes podedes pasar a recoller os vosos traballos.

Queremos aproveitar para agradecer ás familias a colaboración prestada e ao Centro Sociocultural de Conxo a cesión das instalacións para a exposición.





jueves, 4 de abril de 2019

POSTAL DE LOLO DA SEMANA

Lembrade que mañá é o último día para depositar a vosa resposta no buzón da biblioteca.

XA SABEDES ÓNDE SE ATOPA LOLO ESTA SEMANA????


domingo, 24 de marzo de 2019

ONDE ESTARÁ LOLO?

Lolo continúa coa súa viaxe por Galicia. Logo de pegarse un baño na praia das catedrais, sabredes ónde se atopa agora?

Lembrade que tedes ata o venres para depositar a vosa resposta no buzón que tedes na biblioteca.

ÁNIMO!!!! SEGURO QUE INVESTIGANDO UN POUCO DADES COA SOLUCIÓN.


domingo, 24 de febrero de 2019

LOLO COÑECE GALICIA

Como xa moitos seguro que sabedes, LOLO, a nosa mascota da biblioteca, anda de viaxe coñecendo Galicia e cada semá mándanos unha postal do sitio onde se atopa cunha serie de pistas para que o adiviñemos e poñamos a nosa resposta no buzón da biblioteca.

Xa estivo en Coruña, en Lugo e agora se atopa en Padrón. 

Estade ben atentos a próxima postal a ver si adiviñades!!!!