Mostrando entradas con la etiqueta proxecto coidando o planeta. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta proxecto coidando o planeta. Mostrar todas las entradas

domingo, 16 de febrero de 2020

VISITA DE MARTA JAQUET E BRUCE

Este luns tivemos unha visita moi especial. Marta Jaquet, psicóloga e técnica en Terapia Asistida con cans, achegouse ata nós con Bruce, un can de terapia ao que lle encanta traballar con nenos e nenas.
Marta contounos cómo é Bruce e o traballo que fai día a día con nenos e nenas que teñen algún tipo de dificultade.
Foi moi interesante coñecer de primeira man o traballo que fan algúns cans con persoas que o necesitan e moi agradable xogar e agarimar a Bruce.







lunes, 16 de diciembre de 2019

VISITA NA BIBLIOTECA DE PLUTO E LÚA

Pluto non ten ollos e Lúa un corazón enorme. Unha parella adorable que onte visitaron aos nenos e nenas de Infantil.

Grazas aos dous por esta bonita experiencia que emociona e invita á reflexión.

ADOPCIÓNS CHEAS DE EMOCIÓNS



domingo, 8 de diciembre de 2019

CALENDARIO ECOLÓXICO

Xa temos o noso calendario listo para que vaias respostando ás preguntas que nel aparecen relacionadas co tema do noso proxecto. 
Unha pregunta por día durante os lectivos do mes de Decembro. 
Non esquezas depositar as túas respostas no buzón da bliblioteca




viernes, 29 de noviembre de 2019

MURAIS SOBRE O COIDADO DO PLANETA

Xa empezan a aparecer os primeiros traballos relacionados co proxecto de biblioteca. Parade a botarlle un ollo e decubriredes datos moi interesantes que igual descoñecedes.