domingo, 24 de marzo de 2019

ONDE ESTARÁ LOLO?

Lolo continúa coa súa viaxe por Galicia. Logo de pegarse un baño na praia das catedrais, sabredes ónde se atopa agora?

Lembrade que tedes ata o venres para depositar a vosa resposta no buzón que tedes na biblioteca.

ÁNIMO!!!! SEGURO QUE INVESTIGANDO UN POUCO DADES COA SOLUCIÓN.


jueves, 21 de marzo de 2019

21 DE MARZO DÍA DA POESÍA


"NON DEIXES DE LER POESÍA"

Aquí tedes algunhas recomendacións que podedes atopar na biblioteca do cole.... "CORRE A FACER O TEU PRÉSTAMO"



"UN BARQUIÑO DE PAPEL"

Os pequen@s do cole fixeron este bonito mural a partir deste precioso poema de Manuel García Teijeiro


  
"SOLTA DE POEMAS POLA CIDADE"

Aínda non soltaches o teu poema?
A qué esperas?
Xa se poden ver por todo o barrio.









domingo, 24 de febrero de 2019

24 DE FEBREIRO: "DÍA DE ROSALÍA"


RECOMENDACIÓNS DA BIBLIOTECA



As ventás da biblioteca vístense cos poemas de Rosalía









LOLO COÑECE GALICIA

Como xa moitos seguro que sabedes, LOLO, a nosa mascota da biblioteca, anda de viaxe coñecendo Galicia e cada semá mándanos unha postal do sitio onde se atopa cunha serie de pistas para que o adiviñemos e poñamos a nosa resposta no buzón da biblioteca.

Xa estivo en Coruña, en Lugo e agora se atopa en Padrón. 

Estade ben atentos a próxima postal a ver si adiviñades!!!!












viernes, 22 de febrero de 2019

ACTIVIDADES DÍA DE ROSALÍA

    Esta semana fixéronse moitas actividades sobre Rosalía de Castro, o  24 de febreiro celébrase o seu día. 

 Todo o alumnado decorou, recortou e pegou un marcapáxinas que levaron a casa, e nas aulas tamén se traballaron poemas da escritora e se ilustraron  con debuxos e retratos. 

   Hoxe algúns cursos se desplazaron ata  a praza de Vigo para  ler , recitar ou cantar algúns dos seus poemas máis importantes, nun acto para homenaxear a Rosalía.

lunes, 18 de febrero de 2019

VISITA DE IAGO LÓPEZ

Hoxe tivemos a visita de Iago López e o seu cociñeiro Martiño.

Os nenos e nenas de 1º e 2º pasamos un rato mooooooooi divertido.



miércoles, 30 de enero de 2019