viernes, 25 de octubre de 2019

DÍA DAS BIBLIOTECAS


 Concerto de Cé orquestra pantasma co seu libro disco " a voar" para todo o alumnado para festexar "O día das Bibliotecas"






jueves, 24 de octubre de 2019

24 DE OUTUBRO. DÍA DAS BIBLIOTECAS

Con motivo do día das bibliotecas inauguramos a nova "Biblioteca de Lolo" con moitas reformas e novidades. Foi un traballo duro pero moi gratificante. 
Xa podedes vir a visitar a nova biblioteca os luns, martes e mércores de 16:15 a 18:45.

ESPERÁMOSVOS!!!!










miércoles, 26 de junio de 2019

FELICES VACACIÓNS

O PROFESORADO DO "CEIP PLURILINGÜE CARDEAL QUIROGA PALACIOS" VOS DESEXAMOS FELICES VACACIÓNS CANTANDO EN LSE


 

martes, 25 de junio de 2019

LOLO COÑECE GALICIA: TRABALLOS E EXPOSICIÓN


Remata o colexio e neste video podedes ver algúns dos traballos que se realizaron : murais con distintas fotos, mapas, postais , guías .... e tamén a exposición de construccións , monumentos, e outros obxectos feitos con material de refugallo todo elo relacionado co proxecto que se traballou durante todo o curso escolar " Lolo coñece Galicia".


martes, 18 de junio de 2019

EXPOSICIÓN GALICIA


Lembrade que ata o venres 21 de xuño podedes visitar a exposición "Galicia" realizada polo alumnado e familias do Quiroga con material de refugallo no Centro Sociocutural de Conxo.
Do 21 de xuño e ata o 28 do mesmo mes podedes pasar a recoller os vosos traballos.

Queremos aproveitar para agradecer ás familias a colaboración prestada e ao Centro Sociocultural de Conxo a cesión das instalacións para a exposición.





miércoles, 12 de junio de 2019

XORNALISTAS DE CONXO

A continuación podedes escoitar as sesións de radio realizadas no noso Centro por alumnado de 5º e 6º de primaria que forma parte do Programa de Radio Cominitaria do Barrio de Conxo promovido polo Concello de Santiago.

Os nosos agradecementos a Ramón Molina, coordinador do proxecto, por contar con nós e a todo o equipo técnico polo seu traballo. Sin todos eles non sería posible crear este podcast.


viernes, 17 de mayo de 2019

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS 2019

 Este ano para festexar as LETRAS GALEGAS propúsoxe a seguinte actividade de centro: a cada grupo deúselle unha bolsa de tea, na que tiñan que escribir algún poema ou texto de Antón Fraguas Fraguas. Logo de rematadas penduráronse no corredor da biblioteca. 

Tamén fixéronse diversas actividades de aula impresas e interactivas sobre o autor homenaxeado.