jueves, 29 de noviembre de 2018

OBRADOIROS DO NADAL


ÉXITO DA CAMPAÑA "UN LIBRO UN ALIMENTO"

Dende o blog da Biblioteca de Lolo queremos aproveitar para agradecer a toda a Comunidade Educativa a colaboración prestada coa aportación de alimentos e productos de hixiene persoal, e especialmente as persoas que, dende o "AMPA ATHENEA", colaboraron na mesa de recollida durante o horario lectivo.

O resultado da Campaña foi moito máis do esperado, tanto é así que incluso a prensa achegouse ao Centro para comprobar a cantidade de productos recollidos.


 LA VOZ DE GALICIA










sábado, 17 de noviembre de 2018

"CAMPAÑA RECOLLIDA DE ALIMENTOS"


Aquí tedes o cartel que elaborou o alumnado de sexto para a "CAMPAÑA RECOLLIDA DE ALIMENTOS" na que participa o noso colexio, en colaboración co Banco de Alimentos. 
Achégate e colabora traendo alimentos perecedoiros e productos de hixiene persoal e a cambio levarás un libro de agasallo.
Esta Campaña está aberta a toda a Comunidade Educativa e veciñanza, e por iso que o noso posto estará situado ás portas do colexio.

NON PASES DE LARGO E....COLABORA!!!!!!!!

Queremos aproveitar para agradecer ao ANPA a súa colaboración nesta Campaña.



sábado, 10 de noviembre de 2018

SAMAÍN 2018

A biblioteca de Lolo tamén quixo celebrar o Samaín "vestíndose" de festa. O equipo de biblioteca, xunto co de Dinamización lingüística, puxéronse mans á obra: Elaboración dun tríptico para as familias, porta terrorífica, libros terroríficos, microrelatos terroríficos e lectura de contos aos máis pequenos...pouquiño terroríficos.
Aquí tedes un resumo das actividades:











jueves, 1 de noviembre de 2018

OUTONO FOTOGRÁFICO

Ademais de facer a nosa selección de libros relacionados co outono, pedimos a colaboración das familias para elaborar a exposición de fotos "Outono fotográfico", na que o alumnado trouxo fotos relacionadas coa estación. Houbo moita participación.


Moitas grazas a todos e todas pola vosa participación!!!!!