domingo, 16 de febrero de 2020

VISITA DE MARTA JAQUET E BRUCE

Este luns tivemos unha visita moi especial. Marta Jaquet, psicóloga e técnica en Terapia Asistida con cans, achegouse ata nós con Bruce, un can de terapia ao que lle encanta traballar con nenos e nenas.
Marta contounos cómo é Bruce e o traballo que fai día a día con nenos e nenas que teñen algún tipo de dificultade.
Foi moi interesante coñecer de primeira man o traballo que fan algúns cans con persoas que o necesitan e moi agradable xogar e agarimar a Bruce.







domingo, 9 de febrero de 2020

IAGO E UXÍA. NOVIDADES INFANTIL

E seguimos con máis novidades para infantil. 

Desta volta, as aventuras de IAGO E UXÍA

ESPERAMOS QUE AS DESFRUTEDES!


NOVIDADES INFANTIL

Xa están dispoñibles novos títulos para os máis pequechos.

... NA BIBLIOTECA DE LOLO


MURAL ROSALÍA DE CASTRO

Hoxe as nosas colaboradoras comezaron xa co noso mural para conmemorar o "Día de Rosalía de Castro".
Podedes participar escollendo algún verso da autora e escribíndoo no taboeiro.

ANIMÁDEVOS!



EXPOSICIÓN LIBROS ROSALÍA DE CASTRO

Xa tedes na biblioteca unha selección de libros de Rosalía de Castro.