Este luns tivemos unha visita moi especial. Marta Jaquet, psicóloga e técnica en Terapia Asistida con cans, achegouse ata nós con Bruce, un can de terapia ao que lle encanta traballar con nenos e nenas.
Marta contounos cómo é Bruce e o traballo que fai día a día con nenos e nenas que teñen algún tipo de dificultade.
Foi moi interesante coñecer de primeira man o traballo que fan algúns cans con persoas que o necesitan e moi agradable xogar e agarimar a Bruce.
No hay comentarios:
Publicar un comentario