lunes, 16 de diciembre de 2019

VISITA NA BIBLIOTECA DE PLUTO E LÚA

Pluto non ten ollos e Lúa un corazón enorme. Unha parella adorable que onte visitaron aos nenos e nenas de Infantil.

Grazas aos dous por esta bonita experiencia que emociona e invita á reflexión.

ADOPCIÓNS CHEAS DE EMOCIÓNS



domingo, 8 de diciembre de 2019

OBRADOIROS DE NADAL

Esta semana, e durante a hora do recreo, celebráronse os Obradoiros de Nadal na biblioteca con numerosa afluencia de alumnado. A elaboración de distintos adornos utilizando material de refugallo foi moi ben recibida polos nenos e nenas asistentes.








DECORACIÓN DE NADAL

Como tódolos anos, en colaboración co equipo de extraescolares, pedimos axuda ás familias para achegarnos adornos de Nadal, este ano realizados con material de refugallo.
Animádevos.... xa están aparecendo os primeiros polos corredores.






CALENDARIO ECOLÓXICO

Xa temos o noso calendario listo para que vaias respostando ás preguntas que nel aparecen relacionadas co tema do noso proxecto. 
Unha pregunta por día durante os lectivos do mes de Decembro. 
Non esquezas depositar as túas respostas no buzón da bliblioteca




PIDE O TEU LIBRO A LOLO


Se hai algún libro que botas en falta na biblioteca, pódesllo pedir a Lolo introducindo a túa suxerencia no buzón que está na entrada da biblioteca.


domingo, 1 de diciembre de 2019

EXPOSICIÓN DE REFRÁNS E DITOS DO OUTONO



Fantástica quedou a exposición de refráns e ditos populares que xa podes visitar no descanso que vai ao primeiro andar do noso cole. 
Grazas de novo ás familias pola colaboración.