viernes, 17 de mayo de 2019

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS 2019

 Este ano para festexar as LETRAS GALEGAS propúsoxe a seguinte actividade de centro: a cada grupo deúselle unha bolsa de tea, na que tiñan que escribir algún poema ou texto de Antón Fraguas Fraguas. Logo de rematadas penduráronse no corredor da biblioteca. 

Tamén fixéronse diversas actividades de aula impresas e interactivas sobre o autor homenaxeado.

miércoles, 15 de mayo de 2019

VISITA DE PITUSA CABANILLAS

Pitusa Cabanillas, neta de Ramón Cabanillas e avoa e tía-avoa de dúas alumnas do Centro, veu a contarnos como foi a vida do seu avó, o ilustre "Poeta de Raza".

GRAZAS PITUSA!!!!


miércoles, 8 de mayo de 2019

II SEMANA CULTURAL

Cómo lembraredes o curso pasado, dentro dos actos de conmemoración do 50 Aniversario, celebramos unha Semana Cultural. Este curso queremos repetir a experiencia dada a boa acollida da iniciativa.

A II SEMANA CULTURAL, comenzarémola a próxima semana do xeito que sigue:

- Luns, 13 de MaioCarreira Solidaria, os fondos que se recauden irán a parar a:ASANOG (Asosciación de ayuda a niños oncológicos de Galicia). A aportación é totalmente solidaria e na carreira participará todo o alumnado do centro que o desexe, colabore ou non económicamente.

-Martes, 14 de Maio: elaboración dos Maios, dentro do proxecto sobre o patrimonio que estamos a levar a cabo este curso.

-Mércores 15 de Maio: Concerto do grupo "Migallas"

-Xoves, 16 de Maio: Xogos tradicionais.

martes, 7 de mayo de 2019

VÍDEO DA "SOLTA DE POEMAS". DÍA DA POESÍA

No seguinte video podedes ver recollidas tódalas fotos enviadas polas familias da "solta de poemas" organizada con motivo do "Día da poesía".
Como poderedes comprobar, a maioría da "solta" está feita en Santiago e máis concretamente no barrio de Conxo, pero moitos poemas viaxaron, como a nosa mascota LOLO, a outros puntos de Galicia.

Novamente agradecer ás familias a colaboración prestada.

GRAZAS FAMILIAS!!!!

jueves, 2 de mayo de 2019

APADRIÑAMENTO LECTOR

Con motivo do día do libro, e aproveitando o bo tempo, hoxe realizamos una actividade que xa vimos facendo anos atrás con todo o alumnado do centro.
Consiste en que cada nen@ trae da casa un conto que lle gustara de pequen@ e os de infantil un conto que lles guste agora. Os maiores fan de padriños ou madriñas dun pequen@ e saímos todo ao parque a ler.