viernes, 31 de enero de 2020

CONTACONTOS POLA PAZ: "¿Por qué?"

Hoxe foi o turno de Arón, Hugo, Brais, Yassin e Fabián co conto: "¿Por qué?"

E así rematamos a semana de Contacontos pola Paz cunha gran aceptación por parte do público e un excelente traballo de colaboradoras e colaboradores.

GRAZAS A TODOS E TODAS!!!!!!!!!



miércoles, 29 de enero de 2020

CONTACONTOS DE SENSIBILIZACIÓN

Grazas a Tero Rodríguez e a música en directo de Barahunda polo espectáculo de Contacontos dirixido ao alumnado de primaria. Actividade incluída dentro do programa de Sensibilización e prevención de abuso de poder sobre o corpo dunha crianza: #de_meu.








CONTACONTOS POLA PAZ: "Negros e Brancos"

Hoxe mércores o conto que estaba programado para a hora do recreo era "Negros e Brancos". Xenial o fixeron os nosos colaboradores e colaboradoras: 
Feli, Noa, Manuela, Brais e Xulián





martes, 28 de enero de 2020

OBRADOIRO DE APODERAMENTO AFECTIVO SEXUAL

Este martes 28 de xaneiro, na biblioteca de Lolo, tivo lugar un Obradoiro para achegar a  familias e á Comunidade educativa unha ferramenta útil e eficaz na promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero, deseñado e impartido por Hadriana Ordóñez e Natalia Guedellas.



CONTACONTOS POLA PAZ: "O lapis máxico de Malala"

Este martes, seguindo cos "Contacontos pola Paz", tocoulle o turno a  Carmen, Maruxa, Adriana, Dani e Antón co conto: "O lapis máxico de Malala".

Grazas aos cinco polo voso traballo!




lunes, 27 de enero de 2020

CONTACONTOS POLA PAZ: "Los de arriba y los de abajo"

Hoxe comenzamos a semana dos Contacontos pola Paz. 

Grazas a Mercedes, Marina,María, Nuria e Diana, colaboradoras encargadas de contarnos o conto:
"Los de arriba y los de abajo"




domingo, 26 de enero de 2020

CONTACONTOS POLA PAZ


Aquí tedes o cartaz cos Contacontos Pola Paz que se van celebrar esta semana na hora do recreo grazas ao alumnado colaborador de 6º de Primaria.


viernes, 24 de enero de 2020

TALLER SOBRE IGUALDADE


Despois de asistir á representación da obra "Nómades",sobre Igualdade, o alumnado de terceiro curso de Primaria participou, hoxe venres,  nun taller  no que houbo charlas, contacontos e outras actividades de concienciación sobre a necesidade de educar en  Igualdade para unha sociedade cada vez máis xusta.









domingo, 12 de enero de 2020

EXPOSICIÓN LIBROS DA PAZ

Xa podedes atopar na biblioteca do cole a exposición de libros adicada ao "Día Escolar pola Paz e a non violencia" que celebramos, coma sempre, o 30 de xaneiro.