viernes, 8 de mayo de 2020

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2020

O escritor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas    é Ricardo Carvalho Calero. Neste video podedes coñecelo mellor.

Atoparedes actividades sobre o escritor para todos os cursos en:

PROPOSTA DE ACTIVIDADES PARA FACER NA CASA:
Educación Infantil                                                                       

  •      Lectura de fragmentos do conto " As pitas baixo a choiva".  
  • ·      Representar con sombras  utilizando o corpo ou algún obxecto o conto " As pitas baixo a choiva" 
  •    ( poderá participar toda a familia, necesitaredes unha saba  branca ou tea grande e unha luz , facer unha foto e enviala ).
  • ·       Debuxar unha portada para o conto " As pitas baixo a choiva" ( pódese mandar foto do debuxo).
  • ·       Enviar unha foto facendo algunha actividade do autor que atoparedes en seminariogalán.org, ou dalgunha parte da actividade terminada.

           
    


                        
1º e 2º primaria

  • ·     Lectura de fragmentos do conto " As pitas baixo a choiva", " a cidade", " os catro" ( podedes enviar gravacións de audio ou video).
  • ·     Debuxar unha portada para o conto " As pitas baixo a choiva" ( pódese mandar foto do debuxo).
  • ·     Representar con sombras e utilizando o corpo palabras en lingua galega ( poderá participar toda a familia , necesitaredes unha saba ou tea branca , e unha luz). Enviar a foto
  • ·     E Enviar foto facendo algunha actividade do autor que atoparedes en seminariogalán.org, ou dalgunha parte da actividade terminada.

3ª e 4ª primaria

  •   Lectura de fragmentos do conto " As pitas baixo a choiva", " a cidade", " Agora" ( podedes enviar gravacións de audio ou video).
  •   Debuxar unha portada para o conto " As pitas baixo a choiva" ( pódese mandar foto do debuxo).
  •   Representar con sombras  utilizando o corpo palabras en lingua galega ( poderá participar toda a familia , necesitaredes unha saba ou tea branca  e unha luz , facer unha foto e enviala).
  •   Enviar unha foto facendo algunha actividade do autor que atoparedes en seminariogalán.org, ou dalgunha parte da actividade terminada.

5º e 6º primaria

  •   Lectura de fragmentos do conto ", " a cidade", " A beira do mar", "os catro" ( podedes enviar gravacións de audio ou video).
  •    Representar con sombras  utilizando o corpo palabras en lingua galega ( poderá participar toda a familia , necesitaredes unha saba ou tea branca  e unha luz , facer unha foto e enviala).
  •   Enviar unha foto facendo algunha actividade do autor que atoparedes en seminariogalán.org, ou dalgunha parte da actividade terminada.

     Os fragmentos das obras do escritor poderedes atopalos nas actividades que para cada curso están en seminariogalán.


                                 
ENVIAR ( ata o 18 de maio) AS VOSAS FOTOS, AUDIOS OU VIDEOS A: bibliotecaquiroga@gmail.com

MOITO ÁNIMO
ESPERAMOS A VOSA PARTICIPACIÓN
GRAZAS


XOGOS LETRAS GALEGAS 2020

Ricardo Carballo Calero - Wikipedia, la enciclopedia libre





Aquí vos deixo  xogos moi divertidos sobre Ricardo Carvalho Calero. 
Quen é capaz de chegar ata o final?
Resolve o misterio...











No hay comentarios:

Publicar un comentario